Saltar ao contido principal

Igrexa de Santo Antonio de Herbón

Igrexa de Santo Antonio de Herbón - Padrón - Santa María de Herbón
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Outras denominacións
Igrexa do Convento de Herbón
Cronoloxía
Século XIII
Lugar
Herbón
Concello
Padrón

Igrexa de estilo barroco que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Convento de Santo Antonio de Herbón. Planta en cruz latina, con cruceiro e presbiterio con bóveda de arestas que se destaca na planta e no alzado. Perpiaños e cantaría de granito, concertada e rexuntada. Sinxela fachada, cunha grande fiestra, de arco de medio punto e torre de campás dun só corpo, con pilastras e remate cilíndrico cego, con cupuliña e volutas. No interior, entaboamento seguido sobre pilastras, bóveda de canón, na nave e brazos do cruceiro, cúpula cega no cruceiro. No interior destaca un fermoso retablo no que traballaron os principais escultores galegos dos séculos XVIII e XIX.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.732506, -8.631286

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo