Saltar ao contido principal

Capela de Santa Cruz

Capela de Santa Cruz - Padrón - Santa María de Herbón
Imaxe: Padrón Turismo
Cronoloxía
Século XVIII
Lugar
Santa Cruz
Concello
Padrón

Capela de estilo barroco que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Santa Cruz da Granxa. Planta rectangular dunha nave e presbiterio cadrado, destacado na planta e no alzado. Cantaría de granito. Fachada con frontón recto, que inclúe unha fornela no tímpano e pequena espadana sinxela; presbiterio de arco triunfal de medio punto sobre pilastras e cúpula cega. No seu interior garda unha fermosa imaxe da Virxe das Dores.

Segundo explica Daniel Seijas, no día de Santa Cruz celebrábase aquí unha pequena romaría, unha das máis populares e queridas para os veciños de Cesures, Herbón, Padrón e outros lugares da contorna. Era un romaría campestre, de levala comida e de botar todo o día, baixo unha grande carballeira que había. Cantidades de romeiros cruzaban a Ponte de Ferro, e logo de formigón, do ferrocarril desde San Xulián. Nos anos 20 e 30 sábese que viñan moitas persoas en lanchas e dornas , ao estilo romaría dos Caneiros de Betanzos e era tradición vender e comer as primeiras cereixas da temporada. Os romeiros ían refrescarse á bonita fonte, que hai diante do pazo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

Daniel Seijas

Daniel Seijas

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.733205, -8.646593

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo