- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Lugar
- Angueira de Suso
- Parroquia
- Santa María de Cruces
- Concello
- Padrón
Segundo o publicado por Fernando Cabeza Quiles, nun documento do ano 1390 do TMILG (Tesouro Medieval informatizado da Lingua Galega) cítase "Huu [un] casal e outro no camio [camiño] de Padrón, cabo de [a carón do] rrýo d'Angueyra". Este muíño, aínda existe, cuberto de hedra. Está ao carón da aldea de Angueira de Suso (o segundo casal do documento) nun antigo Camiño Real (o que se cita no documento), hoxe asfaltado. O arruinado muíño pode verse xunto a unha ponte (non é a orixinal do Camiño Real) sobre o río Angueira, de Angueira, de Bascuas ou do Manzanillo, afluente do Sar.
Galería de imaxes
Álbum de fotos externo
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Pesqueiras do Furado e da Caseta
Padrón, San Pedro de Carcacía
Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro de Cruxeiras de Abaixo
Padrón, San Pedro de Carcacía
Arquitectura da auga
Muíño da Barca
Padrón, Santa María de Herbón