- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Lugar
- Santa Cruz
- Parroquia
- Santa María de Herbón
- Concello
- Padrón
Fonte pertencente ao conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Santa Cruz de Granxa.
Segundo explica Daniel Seijas, no día de Santa Cruz celebrábase aquí unha pequena romaría, unha das máis populares e queridas para os veciños de Cesures, Herbón, Padrón e outros lugares da contorna. Era un romaría campestre, de levala comida e de botar todo o día, baixo unha grande carballeira que había. Cantidades de romeiros cruzaban a Ponte de Ferro, e logo de formigón, do ferrocarril desde San Xulián. Nos anos 20 e 30 sábese que viñan moitas persoas en lanchas e dornas , ao estilo romaría dos Caneiros de Betanzos e era tradición vender e comer as primeiras cereixas da temporada. Os romeiros ían refrescarse a esta bonita fonte.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia (RI.000010621)
Coordenadas (WGS84)
42.732879, -8.646584
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Muíño Nº 1 de Tarrío
Padrón, Santa María de Cruces
Arquitectura da auga
Presa de Prada
Padrón, Santa María de Cruces
Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro de Casal
Padrón, San Pedro de Carcacía