- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Cronoloxía
- 1577
- Lugar
- Costa do Carme
- Parroquia
- Santiago de Padrón
- Concello
- Padrón
Fonte monumental de gran tamaño con motivos e figuras relixiosas, obra do mestre Pedro da Bárcena en 1557, remodelada posteriormente no século XVIII. Na parte alta do arco pode verse a chegada a Galicia do Apóstolo Santiago, debaixo desta imaxe outra do mesmo santo bautizando á Raíña Lupa cunha cuncha, e na parte inferior a Virxe das Dores. Foi reconstruída cando remataba o século XVIII, onde unha clara inscrición no exterior informa ao recentemente chegado de que se reedificou esta fonte, reinando o señor don Carlos IIII, sendo alcalde don Joaquín Foxi Bendaña, no ano 1789. No interior advírtese que, o ilustrísimo señor don Manuel de Sanlúcar, Bispo de Sidonia, concedeu 40 días de indulxencias a todos os que devotamente rezaren unha salve diante desta imaxe. A tradición conta que a Virxe das Dores, localizada na parte inferior da fonte, é protectora das mulleres embarazadas, por esta razón atópanse candeas e flores ao pé da virxe durante todo o ano.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.739053, -8.662762
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Pesqueiras da Loureiriña
Padrón, San Pedro de Carcacía
Arquitectura da auga
Muíño Pequeno
Padrón, San Pedro de Carcacía
Arquitectura da auga
Muíño das Pesqueiras da Canle
Padrón, Santa María de Herbón