- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Cronoloxía
- Século XVIII
- Lugar
- Alto do Santiaguiño
- Parroquia
- Santiago de Padrón
- Concello
- Padrón
Debaixo da Ermida do Santiaguiño do Monte abrolla auga dunha fonte. Este lugar identifícase coa gruta na que se agochou o Apóstolo Santiago e desde o século XV vincúlase co perdón dos pecados. Era o lugar onde bebían e se lavaban os peregrinos que se aproximaban ao territorio no que Santiago predicou hai case 2.000 anos.
A tradición popular transmitiu a crenza de que a fonte foi froito dun milagre do Apóstolo, quen fixo xurdir auga da rocha ao golpeala tres veces co seu báculo para apagar a sede dunha xentil muller. Actualmente mantense o rito de recoller a súa auga na véspera de San Xoán para que, mesturada con herbas, purifique e libre dos malos espíritos.
Referencias
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.738179, -8.667160
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Fonte da Praza de Camilo José Cela
Padrón, Santiago de Padrón
Arquitectura da auga
Fonte da Virxe
Padrón, San Pedro de Carcacía
Arquitectura da auga
Muíño Vello
Padrón, San Pedro de Carcacía