- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Cronoloxía
- 196X
- Lugar
- A Barca
- Parroquia
- Santa María de Herbón
- Concello
- Padrón
Nun punto localizado preto da aldea da Barca (Padrón) é onde comeza unha canle de regadío construída a finais dos 60 do século XX, mais que nunca chegou a estar en funcionamento, e que percorre toda a marxe esquerda do río Ulla pasando por Padrón (A Barca, A Rocha e Cortiñas), Pontecesures (A Paxareira e Condide) e Valga (A Tarroeira, Baño, Sisto, O Carballiño, Barcia, Balleas, Socastro, Laxes, Carracido, Moldes, Vilarello...).
Entre finais dos anos 70 e principios dos 80, o treito que vai desde A Barca (Padrón) a Condide (Pontecesures) foi reutilizado para o transporte da auga potable do Concello de Pontecesures, desde o reconvertido Muíño das Pesqueiras da Canle até a estación de bombeo de Condide.
Referencias
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.730591, -8.627162
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Pesqueiras da Loureiriña
Padrón, San Pedro de Carcacía
Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro de Angueira de Suso
Padrón, Santa María de Cruces
Arquitectura da auga
Muíño N º 3 de Tarrío
Padrón, Santa María de Cruces