Saltar ao contido principal

Pazo de Santa Cruz da Granxa

Pazo de Santa Cruz da Granxa - Padrón - Santa María de Herbón
Imaxe: Daniel Seijas
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XVIII
Lugar
Santa Cruz
Concello
Padrón

Edificio de planta irregular, formado por varios corpos rodeando un patio. Construído a base de cantaría e perpiaños de granito, con teito a dúas augas, agás nos corpo máis alto que vai a catro. Na fachada ten unha escaleira e un patín en forma de U. Un muro rodea a finca, cunha zona axardinada na zona da entrada do pazo, onde se localiza a Capela de Santa Cruz.

Segundo explica Daniel Seijas, no día de Santa Cruz celebrábase aquí unha pequena romaría, unha das máis populares e queridas para os veciños de Cesures, Herbón, Padrón e outros lugares da contorna. Era un romaría campestre, de levala comida e de botar todo o día, baixo unha grande carballeira que había. Cantidades de romeiros cruzaban a Ponte de Ferro, e logo de formigón, do ferrocarril desde San Xulián. Nos anos 20 e 30 sábese que viñan moitas persoas en lanchas e dornas , ao estilo romaría dos Caneiros de Betanzos e era tradición vender e comer as primeiras cereixas da temporada. Os romeiros ían refrescarse á bonita fonte, que hai diante do pazo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

Patrimonio Galego

Daniel Seijas

Daniel Seijas

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia (RI.000010621)

Coordenadas (WGS84)

42.732804, -8.646682

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo