Saltar ao contido principal

Finca O Carballal

Finca O Carballal - Padrón - Santiago de Padrón
Imaxe: Proyecto Palmera
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
1910
Lugar
O Carballal
Concello
Padrón

Mandada construír no 1910 por Isidoro de la Riva, industrial que procedía de Ortigosa de Cameros (A Rioxa) e estableceuse en Padrón no 1830 para fabricar tecidos de liño e algodón.

A propiedade ten case 60.000 m2 de extensión, con minas de auga, prados, áreas de cultivo e espazos axardinados. No centro emprázanse a vivenda dos guardeses da propiedade e o palacete principal. De planta rectangular, a vivenda de estilo ecléctico, disponse en dous andares, con balcóns de ferro forxado na fachada leste e unha gran terraza no lado sur, sobre o soportal da entrada á casa. Perimetralmente muros de granito debuxan paseos de parras, pequenos xardíns e espazos onde se sitúan bancos e mesas de pedra o unha fonte.

É un lugar onde se distribúen, entre outras árbores centenarias, varias palmeiras canarias (Phoenix canariensis) tamén seculares.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Morriña de Cuba - Proyecto Palmera

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.737322, -8.665562

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo