Saltar ao contido principal

Casa dos Cóengos

Casa dos Cóengos - Padrón - Santa María de Iria Flavia
Imaxe: Turismo de Galicia
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
1790
Lugar
Iria Flavia
Concello
Padrón

Antigas casas dos cóengos, construídas en 1790 para residencia dos eclesiásticos que atendían os servizos relixiosos da Colexiata de Santa María A Maior de Iria Flavia, até a súa supresión e conversión en parroquia no 1851.

Trátase dunha edificación de estilo neoclásico, de planta rectangular moi alongada, acadando na fachada uns 159 metros. Fábrica de cantaría de granito. A construción está estruturada pola repetición dun módulo habitable ou vivenda, conformada por oito casas. Posúe unha altura e prescinde de calquera elemento decorativo. Grande cornixa moldurada, de moito voo. Nos módulos do centro, en fronte á Igrexa de Santa María de Adina, elévase un grande remate de tímpano curvo con escudo.

Alberga o Museo Camilo José Cela e o Museo Ferrocarrileiro John Trulock, en lembranza do avó do Premio Nobel, un inglés que chegou a Galicia para impulsar a primeira liña férrea que uniu a Cornes, en Santiago, con Carril, en Vilagarcía, no 1882.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

Fundación Camilo José Cela

geocaching.com

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.746194, -8.655763

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo