Saltar ao contido principal

Sartegos de Iria Flavia

Sartegos de Iria Flavia - Padrón - Santa María de Iria Flavia
Imaxe: Antonio Parada Mariño
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Séculos VI-VII
Lugar
Iria Flavia
Concello
Padrón

No adro da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia localízanse unha serie de sartegos medievais da época sueva, monolíticos e escavados con forma antropomorfa. Tamén hai tampas monolíticas de forma lisa ou en dobre estola, e outros construídos con laxes e perpiaños. Foron achados nas escavacións arqueolóxicas realizadas na contorna da igrexa, durante os anos 70 por Manuel Chamoso Lamas, e sobre todo na campaña de 1992, dirixida polo profesor José Suárez Otero.

Trátanse de tombas altomedievais, prerrománicas, cunhas características moi marcadas que aparecen só na antiga Gallaecia. Parece que están asociadas a importantes sedes episcopais, como Braga, Ourense e Iria. Durante a época sueva, Iria foi capital das grandes divisións administrativas na que o Parroquial Suevo reparte o territorio galego. As chamadas laudas de dobre estola son cubertas de sepulcros que normalmente se atribúen a esa época.

No antigo territorio de Gallaecia houbo unha herexía chamada piscilianista. O seu fundador, Prisciliano, foi exectuado no ano 385 na cidade de Tréveris (Alemaña) acusado de bruxería. Estes sartegos son da tipoloxía que a igrexa adoptou para reforzar o seu poder, en contra de tal herexía.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

Patrimonio Galego

Historia de Galicia

La Voz de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (GA15065001)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.745727, -8.655297

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo