- Outras denominacións
- Marco do Couto de Lampai de Sancho Eanes ou Marco de Queiruga
- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- 1156
- Lugar
- Queiruga
- Parroquia
- Santa María de Cruces
- Concello
- Padrón
O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai, Marco dos Coutos e Marco da Pena das Cruces) que conforman unha finca medieval. O Marco do Couto de Lampai, localizado no ano 2002, delimita polo oeste dita finca.
Este marco medieval ten aproximadamente 1,80 metros de altura e 60 centímetros de ancho por cada unha das caras e está localizado nun inestable outeiro artificial que quedou despois da explotación dunha canteira. Ten a inscrición: ”No ano 1156, o primeiro de setembro, colocouse este pedrón coa autoridade do Emperador e de todos os intervenientes”.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994
Guitián Castromil, J. Un acoutamento medieval na comarca compostelá. Anuario Brigantino, 2001
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.777854, -8.640540
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
O Castelo
Padrón, Santa María de Iria Flavia
Arqueoloxía
Curuto do Castro
Padrón, San Pedro de Carcacía
Arqueoloxía
Petróglifo da Chanciña
Padrón, Santa María de Iria Flavia