Saltar ao contido principal

Mámoa do Castelo Redondo

Mámoa do Castelo Redondo - Padrón - San Pedro de Carcacía
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Neolítico
Lugar
Monte Meda
Concello
Padrón

Túmulo funerario situado na cima dun rechán do outeiro que ocupa o Castelo Redondo. As súas dimensións son duns 13 metros no eixo norte-sur, e 12 metros no eixo leste-oeste, cunha altura máxima de 1 metro. Presenta cono de violación central duns 5 por 4 metros, e 60 centímetros de fondo. Ten a coiraza de laxes de granito dun tamaño medio duns 40 centímetros. O túmulo aproveita diversos afloramentos, sobre os que se asenta.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (GA15065010)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.762571, -8.624623

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo