- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Alta Idade Media
- Lugar
- Monte Meda
- Parroquia
- San Pedro de Carcacía
- Concello
- Padrón
Restos dun castelo medieval situado no alto dun outeiro no Monte Meda, a 435 metros de altitude. As súas reducidas dimensións fan pensar que se tratase dunha atalaia de vixilancia das rutas terrestres e fluviais. O factor máis relevante do seu emprazamento é o gran dominio visual que exerce a media e longa distancia, o que o convirte nun punto estratéxico de primeira orde.
Consérvanse muros de cachotaría lonxitudinais na parte sur e norte do promontorio. O muro norte que descende desde o cumio á ladeira conserva uns 30 metros e o lenzo sur apenas uns 15 metros. Ambos apóianse directamente nos grandes penedos graníticos moi alterados pola actividade extractora do antigos arguinas.
Na zona central e máis elevada do cumio divísase tamén unha cruz de termo moi erosionada e na aba existe tamén unha inscrición. Os planos do Lidar e as fotografías aéreas amosan os restos dun recinto ovalado rodeando o cumio do promontorio duns 90x60 metros, segundo sinalan os investigadores C. Sánchez Pardo e Carlos J. Galbán (autores de varios artigos e publicacións sobre os castelos altomedievais das terras de Compostela). Tampouco podemos desbotar a posible existencia no medievo dun sistema defensivo que incluía os outeiros próximos, con nomes tan significativos como o Castelo do Medio e o Castelo de Roque.
Aos seus pés do Castelo Redondo hai mámoas. Está a tella. E no castelo está a Cova dos Mouros, por onde entran estes seres míticos. Unha pista arrasou parte do perímetro que o rodea, e unha singular mámoa que existía xusto aos pés do castelo, nun pequeno chan na súa base. Alí a tella e os anacos de cerámica están por todas partes. O Castelo Redondo parece seguir o mesmo patrón que a Casa das Meigas, controlando o camiño que leva da ría até Iria Flavia.
Referencias
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (GA15065006)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.763068, -8.625328
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Camiño Portugués
Padrón, Santa María de Cruces
Arqueoloxía
Xacemento da Chansa
Padrón, Santa María de Iria Flavia
Arqueoloxía
Petróglifo do Muíño de Arriba
Padrón, Santa María de Cruces