- Outras denominacións
- Cruceiro da Escola
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Teaio
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Localízase na fachada da Escola de Teaio, nun cruce de camiños, zona axardinada.
Cruceiro de granito. Mide 3,75 metros de alto por 1,10 de ancho. O baseamento é unha grade de sección cuadrangular O pedestal é unha basa prismática con arestas da cara superior redondeadas. O varal é un fuste de sección cadrada en inicio e octogonal no resto, con símbolos da paixón (escada, tenaces, cravos, martelo). O capitel ten un astrágalo circular, baixo querubíns e acantos en ábaco curvo con catro esquinas matadas. A cruz é de sección cadrada, florenzada. No anverso da cruz ten unha Virxe orante sobre pequena peaña con querubín coroada e con manto. No reverso da cruz non ten figuración
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, tería máis de 100 anos. Este cruceiro localizábase orixinalmente no extremo occidental da aldea, na zona coñecida como Naval.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-08)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.716866, -8.754882
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro do Castro
Dodro, Santa María de Dodro
Elementos relixiosos
Cruceiro do Laranxo
Dodro, Santa María de Dodro
Elementos relixiosos
Cruceiro da Tomada
Dodro, San Xián de Laíño