- Outras denominacións
- Muíño Nº 1 de Manselle
- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Cronoloxía
- 1927
- Lugar
- Manselle
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Construción de planta rectangular con estrutura de muros de cachotaría irregulares, cuberta a dúas augas e canle elevada rematando no cubo que subministra a auga ao rodicio. A canle de pedra transcorre ao longo de 40 metros por riba dun muro de contención feito de pedra de cantaría que nalgún lugar pode superar os 4 metros de altura, para levar a auga do río de Manselle até o cubo do muíño. Destacan as escaleiras cos chanzos de pedra para subir á canle e o acceso á parte traseira da finca por debaixo da canle elevada.
Foi construído en 1927 por un indiano orixinario de Manselle emigrado a Arxentina que, xunto con outros, fixeran da aldea unha das máis avanzadas da época e que co golpe de estado fascista tiveron que volver para o país americano. Estivo en uso até a década de 1960 aproximadamente.
Esta construción, na novela “Pensa Nao” de Anxo Angueira, era o muíño de Camoiras, personaxe inspirado no construtor deste edificio.
Referencias
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-48)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.727423, -8.719414
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Lavadoiro de Reboiras
Dodro, San Xián de Laíño
Arquitectura da auga
Fonte de Traxeito
Dodro, San Xián de Laíño
Arquitectura da auga
Muíño de Lixó
Dodro, San Xoán de Laíño