Saltar ao contido principal

Muíño de Valentín

Muíño de Valentín - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Eladio Cortizo
Outras denominacións
Muíño da Devesa ou Muíño do Pozo
Cronoloxía
1926
Lugar
A Devesa
Concello
Dodro

Tamén chamado Muíño da Devesa, aínda que popularmente coñécese como Muíño de Valentín, posto que foi este quen o construíu, arredor do ano 1926.

Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba, sobre pranchas de fibrocemento. Trátase dun muíño de regato ou cubo utilizado para moer gran, aínda que tamén se utilizaba para producir electricidade. Unha particularidade deste muíño é a grande altura que se tentou acadar coa canle, para deste xeito gañar a altura suficiente para darlle forza á auga e facelo funcionar. Ten un gran pozo que lle proporciona a forza necesaria á auga cando o caudal do regato e pequeno.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Sendeiros de Dodro

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010

Patrimonio Galego

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-09)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.724562, -8.746416

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo