Saltar ao contido principal

Fonte do Pazo de Tarrío

Fonte do Pazo de Tarrío - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro
Lugar
Tarrío
Concello
Dodro

Fonte que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo de Tarrío. Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, descríbea como segue. Enriba dos dous canos dunha fonte cantareira que deitan nuns lavadoiros, unha fornela abucinada acubilla a imaxe de Santo Antón. Xa se sabe que o santo era casamenteiro e as mozas destas aldeas que querían casar atábanlle cunha fita as sacras mans de pedra e rezábanlle baixiño polas noites para que aparecese desnoutada polo día. 

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Sendeiros de Dodro

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (AC-06)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.721076, -8.711548

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo