- Outras denominacións
- Fonte da Igrexa ou Fonte daldea
- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Cronoloxía
- Século XIX
- Lugar
- A Igrexa
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Fonte construída con perpiaños de granito, rematada por enriba en pequena cornixa saínte biselada. Leva un cano central que verte sobre unha pía de pedra a ras do chan e con desaugadoiro. As pezas que a configuran teñen un relevo que conforma unha liña a modo de enmarque redondeado, que leva a cada lado unha figura en relevo, representando algún motivo floral ou vexetal.
Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga”, fai a seguinte referencia: “A Fonte da Dea da Igrexa, ten nos laterais cadanseu motivo decorativo vexetal de trazos esquemáticos. Minimalismo dos nosos canteiros.”
Referencias
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.726192, -8.713525
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Muíño da Laxe
Dodro, San Xián de Laíño
Arquitectura da auga
Fonte de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño
Arquitectura da auga
Fonte de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño