- Outras denominacións
- Pedraredonda ou Castro de Casais
- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Lugar
- Dodriño
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
A Gran Pedra Redonda, Castro de Casais ou Pedraredonda, de proporcións colosais e con forma oval, conta a lenda que foi levada para ese sitio por un xigante. Nas inmediacións atopouse unha cabeza de pedra labrada de forma sutil, de cronoloxía indeterminada, e que se conserva no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña do Castelo de San Antón. Ten na súa superficie covas ou cazoletas formadas pola erosión da auga, mais que a tradición atribúe ás pegadas do Apóstolo Santiago.
No libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga” de Manuel Lorenzo Baleirón, sobre a Gran Pedra Redonda, escríbese o seguinte: “Dinnos que o lugar no que se atopa chámase A Alla, supoñemos que pola abundancia de allos bravos (Allium sp.). Gonzalo Navaza, na Fitotoponimia comenta esa posibilidade para topónimos semellantes. Ovo abisal froito do parto dos montes, A Pedra Redonda que está arriba de Vigo, no camiño que vai á Mina, é un outeiro ciclópeo, un petón xigantesco puido cara o nacente coma unha esfera celeste. Poñémola á parte porque o merece. Nas proximidades dela atopouse unha cabeza toscamente labrada nun bloque granítico que se conserva no Museo Arqueolóxico de A Coruña, probablemente do período castrexo. A Pedra Redonda ten na súa superficie, coma os penedos do Santiaguiño do Monte e coma moitos outros, covas ou cazoletas formadas pola erosión das augas, que a tradición popular quere que sexan as pegadas do cabalo do Apóstolo e noutros lugares de Galicia as marcas que deixou a burra da Sagrada Familia na fuxida a Exipto. O que está claro para as nosas xentes é que as pedras colosais que polos montes paran só puideron quedar varadas neles despois da chuvieira bíblica do Diluvio Universal. Terra de xigantes. Ó pé da Pedra Redonda os xeólogos non dubidan".
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (GA15033ACH-1)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.723921, -8.694444
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Castro de Traxeito
Dodro, San Xián de Laíño
Arqueoloxía
Xacemento de Riasós
Dodro, San Xoán de Laíño
Arqueoloxía
Petróglifo da Carga
Dodro, Santa María de Dodro