- Tipoloxía
- Obra civil
- Lugar
- Catoira
- Parroquia
- San Miguel de Catoira
- Concello
- Catoira
Pontella peonil levantada sobre o río Catoira que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade, se ben uns esteos de granito que arrincan das cepas puideron servir de apoio a algún sistema de varanda ou amarradoiro que mellorase o tránsito peonil. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma a dobre canle rectangular que canaliza o río, así como o seu firme.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (I_010) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.666869, -8.719101
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Muíño de vento de Viladesuso
Catoira, Santa Baia de Oeste
Obra civil
Muíños de vento do Monte Mesón
Catoira, San Mamede de Abalo
Obra civil
Pombal de Cedonosa
Catoira, San Miguel de Catoira