- Outras denominacións
- Ponte de Catoira
- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- Séculos IX-X
- Lugar
- A Ponte
- Parroquia
- San Miguel de Catoira
- Concello
- Catoira
Ponte de cronoloxía medieval situada no antigo Camiño Real de Vilagarcía a Santiago de Compostela, sobre o río Catoira. Posúe dous arcos de medio punto rebaixados, cunhas luces que van dos 2,78 aos 3,77 metros. Trátase dunha ponte con bóvedas de sillería de granito apoiados na rocha do leito, con algunhas marcas de canteiro. O resto está feito con perpiaño e cachotaría, agás a calzada que ten laxes compondo o taboleiro. A día de hoxe non ten pretís. Ademais conta cun van aliviadoiro para soportar as enchentes do canle. Rasante alombada.
Proxectada para favorecer o tránsito de vehículos de tracción animal, carece de peitoril de seguridade. Trátase da ponte principal do Camiño Real que atravesa o concello en sentido suroeste-nordeste.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (I_002 e X_009-GA36010009) - Aprobación inicial de 2012
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.667087, -8.720270
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Reloxo de sol da Igrexa de San Mamede de Abalo
Catoira, San Mamede de Abalo
Obra civil
Pombal de Tarrío
Catoira, San Pedro de Dimo
Obra civil
Muíño de vento de Viladesuso
Catoira, Santa Baia de Oeste