Saltar ao contido principal

Ponte de Tras da Veiga

Ponte de Tras da Veiga - Catoira - San Mamede de Abalo
Tipoloxía
Obra civil
Lugar
Tras da Veiga
Concello
Catoira

Esta ponte levantouse sobre o río Freixeiro, límite parroquial natural, para permitir o seu franqueo a través do Camiño Real ao seu paso polas parroquias de Abalo e Catoira. A súa estrutura foi construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado. Nos lenzos murais de recheo botouse man de cachotaría concertada de escasa calidade, sen recebar nin encintar. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma a dobre canle rectangular que canaliza o río, así como o seu firme.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (I_003) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.659872, -8.735456

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo