Saltar ao contido principal

Hórreo das Rañas

Hórreo das Rañas - Catoira - Santa Baia de Oeste
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
As Rañas
Concello
Catoira

Conxunto de tres hórreos ou cabaceiros de tamaño medio erixidos sobre pés e cepas de cantaría que pertencen a unha tipoloxía mixta (2) e labrados integramente en pedra (1). Trátase dunha versión canónica da comarca caldense, característico por presentar cámara rectangular de estrutura pétrea pechada por táboas de madeira ou fiadas de granito horizontais regulares, que lle conceden unha estilizada proxección vertical. Entre a soleira e a cámara un conxunto de pés e cepas, os primeiros rematados en altura por tornarratos circulares, e os segundos en pezas rectangulares homónimas de ángulos redondeados.

Dous dos canastros aparecen decorados nos alzados penais con remates en forma de cruz latina sen figuración e pináculo de forma piramidal rematados en bóla.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira, aprobado inicialmente en 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_090) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.679765, -8.713807

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo