- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Cronoloxía
- 1963
- Lugar
- Tarrío
- Parroquia
- San Pedro de Dimo
- Concello
- Catoira
Fonte dun único cano que se insire nun muro de cantaría carente de calquera tipo de ornamentación. De sinxela factura, a auga do manancial verte directamente sobre un lavadoiro granítico cuberto de planta rectangular que permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. Ao pé do vaso localízase un edículo ornamental que acolle un segundo cano no que se gravou o ano da súa construción: 1963. O conxunto aparece protexido por unha cuberta metálica que non se adapta ás condicións ambientais do contorno.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_112) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.667502, -8.695620
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Fonte de Freixeiro
Catoira, San Mamede de Abalo
Arquitectura da auga
Fonte de Suviña
Catoira, Santa Baia de Oeste
Arquitectura da auga
Fonte das Burgas
Catoira, Santa Baia de Oeste