Saltar ao contido principal

Fonte e lavadoiro da Abeleira

Fonte e lavadoiro da Abeleira - Catoira - San Pedro de Dimo
Cronoloxía
1967
Lugar
Coaxe
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría coroado por un edículo en forma de arco apuntado. De sinxela factura, a auga do manancial condúcese por unha pequena canle a un lavadoiro granítico cuberto de planta rectangular que permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por un muro de cachotaría que protexe todo o seu perímetro. Posúe unha placa de mármore na que lemos: "Exma Diputación Provincial. Cooperación 1966-67".

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_104) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.664776, -8.676902

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo