Saltar ao contido principal

Fonte de San Pedro

Fonte de San Pedro - Catoira - San Pedro de Dimo
Lugar
Tarrío
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Estamos diante dunha fonte de triplo cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de sección rectangular instalado recentemente. Á beira dos canos, nun dos ángulos, unha pequena pía granítica situada a media altura. O perímetro da fonte aparece protexido por un muriño de cachotaría de recente factura.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_114) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.666641, -8.692041

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo