Saltar ao contido principal

Petróglifo Nº 2 do Outeiro do Barral

Petróglifo Nº 2 do Outeiro do Barral - Catoira - San Miguel de Catoira
Imaxe: Cristina Conde Escaloni
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
Barral
Concello
Catoira

Afloramento rochoso granítico nun pequeno outeiro nas proximidades do lugar de Barral. No camiño que leva desde o Petróglifo Nº 1 do Outeiro do Barral a este outro (distantes entre si 143 metros) recolléronse, en 1990, fragmentos de tégulas e cerámicas medievais de cor gris.

Este segundo grupo forma unha soa pedra colmatada de terra e toxos en variadas partes, polo que ten a aparencia de seren varios afloramentos. O motivo decorativo é, tamén, exclusivamente o das coviñas. Ao pé deste segundo afloramento, "preto do camiño e paralelo a este", segundo testemuña a ficha asinada por Caramés e Moreira en 1990, atopábase "unha inscrición gravemente alterada na que se pode ler:

…AVSS (T)DV(NoM) II II

As letras que aparecen entre parénteses son dubidosas, atopándose a parte inicial da inscrición case que desaparecida. As súas dimensións son 1,20 x 17 centímetros". Na actualidade non é posible atopar esta inscrición, quizais desaparecida por causa das obras derivadas da concentración parcelaria que converteron o que era un camiño rural nunha pista de máis de 3 metros de anchura.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira

Sendón, A. Os petroglifos de Catoira

Megaliticia

Colectivo A Rula

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_0013-GA36010013) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.664866, -8.716599

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo