- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Lugar
- Outeiro da Hedra
- Parroquia
- San Mamede de Abalo
- Concello
- Catoira
Trátase duns dos poucos santuarios rupestres con inscrición que se coñece en Galicia. Dúas cazoletas (5 centímetros de ancho e 3 de fondura) situadas simetricamente a ambos lados dunha pía natural na parte superior dun pequeno outeiro rochoso que sobresae uns 2 metros pola parte máis alta, ladeira abaixo. Sitúase á beira dun cortalumes, subindo á dereita, a 40 metros dun promontorio rochoso destacado que hai no medio de dito cortalumes e que se aproveitou parcialmente para a extracción de pedra. Foi atopado en 2015 por Ismael Fontán e localizado posteriormente por Cristina Conde Escaloni e Francisco Ameixiras Sánchez.
Referencias
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.642002, -8.709363
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 1 das Lagoas
Catoira, San Miguel de Catoira
Arqueoloxía
Torres de Oeste
Catoira, Santa Baia de Oeste
Arqueoloxía
Marco Nº 2 do Outeiro de Agudelo
Catoira, San Mamede de Abalo